domingo, 22 de febrero de 2015

Entrevista Telexornal TVG - Sistema DMS

Entrevista Telexornal TVG - Sistema DMS

Entrevista para el Telexornal Fin de semana TVG - Publicado el 21/02/2015 21:23


http://www.crtvg.es/informativos/drons-para-controlar-as-obras-de-construcion-1019770




Están de actualidade os drons e as súas múltiples aplicacións prácticas. A Raúl Díaz, que estuda Arquitectura Técnica na Coruña, ocorréuselle utilizalos para mellorar a xestión nas obras de construción. A aplicación está baseada nun sistema de códigos que achega información exhaustiva sobre a actividade, a maquinaria e o material.

A palabra chave é control. Control da xestión de recursos a través dun sistema de códigos e de etiquetas que identifica a maquinaria e o material da obra e que proporciona información útil a través dun simple dispositivo móbil.
"Podemos subir fotos ou incluír notas. Creamos unha base de datos que detalla os custos de cada capítulo da obra, podemos ter o xeoposicionamento da maquinaria, coñecer os datos do seu mantemento, as tarefas que realiza..., todo o que queiramos."

Un dron realiza a lecturas dos códigos. Desde a comodidade da oficina, un traballador pode saber que sucede e canto se gasta en cada milímetro dunha obra.
"Podemos planificar a súa ruta, o despegue e a aterraxe. Mandámolo pola obra e vai recompilando os códigos, achegando a información e o xeoposicionamento da maquinaria dentro da obra."

Control exhaustivo que se traduce nun aforro estimado do quince por cento. O sistema deseñado por Raúl é un exemplo da aposta que realiza a Escola de Arquitectura Técnica da Coruña pola tecnoloxía aplicada á xestión de custos.
"Na Escola hai un grupo de alumnos investigación a aplicación das tecnoloxías na área de xestión. Hoxe en día o factor custo é importantísimo."


Os alumnos xa exploran as posibilidades dos drons aplicados ás tecnoloxías de construción.

No hay comentarios:

Publicar un comentario